Denuncian as verteduras da depuradora de Ponteareas ao río Tea

A asociación Adenco fala de continuas "tallas sen control, verteduras industriais ou fecais e construcións agresivas" no espazo natural

A asociación ecoloxista Adenco indicou este luns a denuncia ante a Garda Civil a vertedura de materia contaminante ao río Tea da depuradora de augas residuais do municipio pontevedrés de Ponteareas no lugar de Moscadeira.

Nun comunicado, Adenco detalla que alertou tamén da vertedura á Consellería de Medio Ambiente, a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e o Concello de Ponteareas.

Adenco rexeita que esta vertedura sexa "unha cuestión puntual" e sinala que o río Tea sofre "continuos ataques de maior a menor relevancia desde hai anos"

O río Tea é un espazo natural "de importancia comunitaria e incluído polos seus excepcionais valores na Rede Natura 2000", indica na nota, e subliña que está afectado "desde hai anos" por "continuos ataques de maior ou menor relevancia", sinala Adenco, e rexeita que esta vertedura sexa "unha cuestión puntual".

O grupo ecoloxista abunda en que os informes da Unión Europea sobre a contaminación das praias ou os controis quincenais da Consellería de Sanidade "mostran que o problema é crónico".

Adenco apunta as "constantes denuncias por tallas sen control, verteduras industriais ou fecais ou construcións agresivas nos bordos" do río.

Por iso, Adenco expresa a súa esperanza de que "non se volva a repetir" esa contaminación rexistrada "o pasado domingo", que considera "outro terrible atentado ambiental" contra este espazo.

Comentarios