Desaloxado un edificio de Prisa en Madrid

Os traballadores do edificio de Prisa na rúa Miguel Yuste de Madrid foron desaloxados esta mañá debido á presenza nas instalacións dun paquete. Para minimizar os riscos, empregados dos diarios El País e Cinco Días así como o diario dixital El Huffington Post saíron á rúa durante uns minutos. Finalmente, regresaron aos seus postos de traballo sen que se producisen maiores incidencias.

Comentarios