Desaloxan un edificio de Vilagarcía de Arousa tras detectar cheiro a gas

A fuga procedía dunhas bombonas de butano almacenadas no patio interior do inmoble

Os veciños dun edificio da rúa Alejandro Cerecedo de Vilagarcía de Arousa tiveron que ser desaloxados este xoves por un escape de gas dunhas bombonas. O desaloxo foi por precaución e afortunadamente non houbo ningunha persoa ferida.

Segundo os técnicos, a fuga procedía dunhas bombonas de butano almacenadas no patio interior do inmoble.

Foi o persoal da empresa subministradora do gas quen deu aviso ao 112 ao ser alertados por un forte cheiro a gas no patio do inmoble.

Ata o lugar desprazouse persoal da Policía local, Protección Civil e Bombeiros de Vilagarcía que realizaron as correspondentes medicións e retiraron as bombonas.

Os veciños puideron volver ás súas vivendas cando os resultados das medicións foron negativos.

Comentarios