viernes. 04.12.2020 |
El tiempo
viernes. 04.12.2020
El tiempo

Despacharán racións de porquiño á brasa unha vez esgotados os lotes á venda

MORAÑA. A Asociación Gastronómica Cultural Amil esgotou os 55 lotes de porquiño á brasa para a festa gastronómica do domingo, pero quen queira probar este manxar sen ter a reserva feita aínda está a tempo de degustalo por racións, apuntou onte a presidenta do colectivo, Lourdes García.

Deste xeito, para as ceas de mañá pola noite e as comidas do domingo as persoas interesadas poden facer as súas reservas no Bar Senín (669 894 089) e no Café Bar Cultural (665 666 180).

As actividades comezaron esta noite con teatro e continuarán esta tarde no campo da Chan. A partir das 17.00 horas haberá xogos tradicionais infantís (zancos, roda, sacos, xogo do pano...) e, pola noite, chegará a quenda dos maiores da Aula de Teatro -os nenos actuaron hoxe-, que representarán a obra 'Cochos', e do grupo de gaitas Chinguilipé.

Este mesmo grupo, xunto con Seixebra, os Terribles de Arousa e Airiños da Fracha, de Ponte Caldelas, amenizará o campo da Chan durante o domingo. Non faltará o obradoiro infantil de manualidades a cargo do grupo Gaia e tamén se celebrará a terceira edición da Feira Artesanal na carballeira dos Milagres.

A mediodía sortearanse os lotes para o xantar popular. Cada un é suficiente para 20 persoas, o que garantiza a presenza de máis dun millar de comensais, á parte dos que xanten nos toldos.

Xa pola tarde os participantes divertiranse con xogos tradicionais e os máis talentosos recibirán un premio.

Despacharán racións de porquiño á brasa unha vez esgotados os lotes...
comentarios