Detido o etarra Egoitz Urrutikoetxea, fillo de Josu Ternera

A policía francesa detivo hoxe na localidade gala de Berrogain Laruns ao etarra fuxido desde 2003 Egoitz Urrutikoetxea Laskibar, fillo do xefe actual de ETA Josu Ternera, informaron a Efe fontes policiais.

A detención produciuse ao redor das 16:50 horas na citada localidade, situada nos Pireneos Atlánticos, nunha operación conxunta da policía xudicial francesa coa Comisaría Xeral de Información da Policía Nacional.

Sobre Egoitz Urrutikoetxea, encadrado no núcleo político de ETA do mesmo xeito que o seu pai, pesaba unha orde europea de detención e entrega ditada pola Xustiza Francesa.

Comentarios