Detido un home armado que ía ao Desfile do Orgullo Gai en Los Ángeles

O alcalde angelino, Eric Garcetti, asegurou nunha rolda de prensa que as autoridades non ven unha conexión entre este arresto e a matanza ocorrida en Orlando (Florida)

A Policía da cidade de Santa Mónica (EE.UU.) detivo este domingo a un home con armas de asalto e posibles explosivos que planeaba ir ao Desfile do Orgullo Gai de Los Ángeles, segundo informou o alcalde angelino, Eric Garcetti.

Garcetti asegurou nunha rolda de prensa que as autoridades non ven unha conexión entre este arresto e a matanza ocorrida en Orlando (Florida), onde un home armado acabou coa vida de polo menos 50 persoas e feriu a outras 53 no club homosexual Pulse.

"Quero que todos os que están aquí saiban que estamos seguros e estamos protexidos. Os nosos axentes das forzas da lei están aquí", sinalou o alcalde no comezo do Desfile do Orgullo Gai en Los Ángeles. 

Comentarios