Detidos en Pontevedra e Vilaboa membros dunha rede de ladróns de coches de luxo

Trátase dunha organización criminal de carácter internacional, da que foron detidas 38 persoas e incautados 47 vehículos nunha operación levada a cabo en diferentes países
Registro efectuado en un piso de Ernesto Caballero
photo_camera Registro efectuado en un piso de Ernesto Caballero

A Garda Civil, nunha operación conxunta coas policías italiana e belga, desarticulou unha banda internacional que se dedicaba ao roubo de coches de alta gama en distintos países europeos, informaron fontes do instituto armado.

No marco da chamada operación "Aligustre-Orso" foron detidas 38 persoas, sete delas Pontevedra e Vilaboa, ademais doutras cidades españolas como Granada ou Barcelona, e a incautación de 47 vehículos, precisan as fontes.

O subdelegado do goberno en Pontevedra, Antonio Coello, acompañado do coronel xefe da Comandancia da Garda Civil e os membros do equipo de investigación ofrecerán detalles da operación este xoves en rolda de prensa.

Comentarios