Deteñen a unha veciña de Lugo polo asalto a unha nave en Taboada

O roubo polo que a imputan ascende a 6.500 euros

Axentes da Garda Civil imputou como investigada por un suposto delito de "roubo con escalo" a unha veciña de Taboada, como sospeitosa do asalto perpetrado a unha nave situada nese mesmo municipio lucense.

Segundo informou o propio instituto armado, os feitos ocorreron o pasado mes de xullo, cando autores descoñecidos forzaron unha das fiestras da nave e accederon ao interior da mesma.

Unha vez dentro, fixéronse con obxectos que foron valorados en máis de 6.500 euros.

A persoa investigada xa foi posta a disposición xudicial.

Comentarios