Diego Moreira releva a Sabela Bará á fronte da estrutura comarcal de Galiza Nova

O responsable da organización xuvenil do BNG busca potenciar o nacionalismo
Diego Moreira.
photo_camera Diego Moreira.

Ten 22 anos, é de Soutomaior, estuda Dirección e Xestión Pública e desde hai tres semanas é o novo líder comarcal de Galiza Nova. Diego Moreira relevou á pontevedresa Sabela Bará á fronte da organización xuvenil do BNG, un cargo que esta última tivo que deixar por cuestións laborais, o que motivou a reestruturación.

O equipo de Moreira -vinculado a Galiza Nova desde o ano 2015- estará formado por Zeltia Piñeiro, que pasará a desempeñar unha nova función na estrutura comarcal de Galiza Nova: a de vicerresponsable. Ata agora ocupaba a Secretaría de Organización, un posto que agora será para a poiense Almudena Acuña. O pontevedrés Julien Courcier asumirá a área de Comunicación.

«Ganas de traballar» e «contribuír ó crecemento do nacionalismo» son dous dos obxectivos que se marcou o novo responsable comarcal de Galiza Nova, que ten presenza en 14 municipios do Norte da provincia: Pontevedra, Poio, Vilaboa, Soutomaior, Pontecesures, Moraña, A Lama, Caldas, Ponte Caldelas, Barro, Valga, Portas, Cerdedo-Cotobade e Cuntis.

A distribución territorial é, segundo a formación, a mesma que manexa a dirección comarcal do BNG, capitaneada polo concelleiro pontevedrés Demetrio Gómez Junquera.

92 militantes. Galiza Nova conta na actualidade con 97 militantes e é unha das organizacións políticas xuvenís máis activas de Pontevedra. Aumentar a afiliación é outra das metas da formación, que se atopa inmersa en varios proxectos. O máis importante ten que ver coa procura de saídas á mocidade en Galicia, para o que deseñará 50 medidas que trasladará ao Bloque e ao resto de forzas políticas da comunidade.

Comentarios