¿Onde están os 7.125 millóns?

A Seguridade Social entra no territorio do déficit. Soraya Sáenz de Santamaría, desde a portavocía das Peores Noticias (como a sección de 'CQC'), anunciouno esta mañá asegurando que a débeda xa alcanza o 0,06 % do PIB (668 millóns). A vicepresidenta continúa rozando o camiño para que a batería de recortes, que tan só comezou, non teña contestación algunha. É preocupante. Pero o que  realmente nos debería quitar o soño é pensar en quen fai as sumas e as restas na Administración (independentemente da cor política do executivo, xa que meten man por igual). Mentres o informe Pisa sinala que os nosos nenos van moi mal en matemáticas, a realidade constata que os papás van moito peor. Polo menos é o que podemos deducir grazas os datos feitos públicos o mes pasado e hoxe mesmo. En novembro, o S. S. tiña un superávit de 6.457,66 millóns, é dicir, que nun mes fundímonos 7.125 millóns de euros (recordemos que o déficit actual equivale a 668 millóns).

Analizando as cifras queda bastante claro que os nosos gobernantes practican a mesma contabilidade creativa que tanto lle critican ás axencias de cualificación de risco, onde dous e dous son calquera cousa menos catro. Os partidos seguen dedicados á ficción documental. Recordemos que esta mesma semana (e nunha mesma mañá) tres ministros ofreceron unha cifra diferente sobre o déficit da administración. A conclusión: a transparencia/veracidade das contas públicas neste país (co PP ou co PSOE) ten a mesma credibilidade que a última declaración da Renda de Urdangarín. Triste, pero certo.

Comentarios