miércoles. 23.06.2021 |
El tiempo
miércoles. 23.06.2021
El tiempo

Dúas das vítimas do violador do Morrazo eran exparellas do seu irmán

El violador de O Morrazo
El violador de O Morrazo
O home, de 40 anos, ingresou en prisión o mércores

Dúas das tres mulleres que supostamente violadas no Morrazo eran exparellas do irmán do acusado, J.L.G.M., de 40 anos e veciño de Marín, aínda que natural de Beluso (Bueu).

Estas dúas vítimas que estarían directamente relacionadas co agresor serían as mulleres de 36 e 42 anos, mentres que a terceira, e sen vínculos coñecidos co violador, ten 75 anos e vive en Alemaña desde hai unhas semanas, segundo informa Faro.

O violento violador do Morrazo someteu ás súas vítimas a "aberrantes prácticas", segundo detallaron fontes policiais. Unha das vexacións ás que as sometía consistía en arroxarlles auga quente sobre as pernas.

O xulgado de instrución número 2 de Marín o mércores o ingreso en prisión provisional comunicada e sen fianza de J.L.G.M. A primeira das agresións coas que se lle relaciona produciuse na localidade de Bueu en xullo de 2016, cando o detido supostamente entrou á forza no domicilio da vítima mentres durmía. 

A segunda tivo lugar en Cangas en setembro nun bar cafetería, cando se atopaba a piques de pechar. Mentres que a terceira ocorreu na Portela, en Bueu, o pasado mes de marzo.

Dúas das vítimas do violador do Morrazo eran exparellas do seu irmán
comentarios
ç