O árbitro abandona o Athletic-Alavés tras dúas expulsións

A final da Euskal Herriko Kopa acabou de forma bochornosa
Una expulsión en el Athletic-Alavés
photo_camera Una expulsión en el Athletic-Alavés

O Athletic Club e o Deportivo Alavés empataron a dous goles na final da Euskal Herriko Kopa, un torneo entre os dous mellores equipos nos derbis vascos da tempada pasada que terminou sen vencedor porque o equipo arbitral abandonou o terreo de xogo no minuto 90 tras un simulacro de boureo logo da expulsión do paraguaio Óscar Romero por unha dura entrada a Enric Saborit.

Era o segundo cartón vermello que ensinaba o árbitro do partido, quen, cos seus axudantes, abandonou o encontro sen se que se soubese a razón. Aínda que todo parece indicar que foi pola falta de deportividade dos contendentes. Ou dalgún deles.

Xa tras a primeira vermella a Alexis Ruano, o central do Alavés, antes de abandonar o campo, tocara a cara de Daniel Palencia Caballero, o colexiado guipuscoano que dirixiu o partido.

Comentarios