O árbitro do Mirándés-Deportivo fai constar na acta que un deportivista lle tirou unha pedra o seu asistente

O colexiado do encontro entre o Mirandés e o Deportivo que se disputou hoxe en Anduva, Sureda Cuenca, recolleu na acta do partido que aos 77 minutos, coincidindo cos momentos posteriores á sinalización do penalti que decidiu o partido (1-0), un dos seus asistentes recibiu o impacto de pedra.

"No minuto 77 de partido lanzáronlle ao meu A.A. (Árbitro asistente) nº2 unha pedra do tamaño dunha noz, impactándolle no pescozo, desde o sector de público que levaba como distintivos as cores do R.C. Deportivo da Coruña", indica o árbitro.

Segundo o colexiado, "dita pedra foi entregada ao delegado de campo e, non sufrindo dano algún, (o asistente) puido continuar o partido".

Pablo Infante anotou despois a pena máxima coa que o Mirandés superou ao Deportivo.

Comentarios