O dianteiro arxentino Joaquín Larrivey, ex futbolista do Rayo Vallecano, superou esta mañá o recoñecemento médico co Celta de Vigo, polo que se converte no terceiro reforzo do equipo galego para a tempada 2014-2015.
O xogador suramericano, que este xoves empezou a pretemporada co resto dos seus compañeiros ás ordes do seu compatriota Eduardo Toto Berizzo, foi presentado este mediodía no estadio municipal de Balaídos.
Larrivey asina por tres tempadas co Celta. O curso pasado coa camiseta do Rayo marcou 12 goles na liga BBVA, sendo unha peza crave na salvación do equipo dirixido por Paco Jémez.
O arxentino Larrivey ficha polo Celta tras superar o recoñecemento
Galiciaé / Axencias
03 julio 2014 17:59 h.