O Barça presentará a Dembélé este luns

O mozo dianteiro francés chega para as próximas cinco tempadas
Ousmane Dembélé celebra un gol con Francia
photo_camera Ousmane Dembélé celebra un gol con Francia

O mozo dianteiro francés Ousmane Dembélé (20 anos), recente fichaxe do FC Barcelona, será presentado o luns ao mediodía, aínda que o futbolista chegará este domingo á Cidade Condal, onde nas oficinas do Camp Nou se someterá a unha sesión fotográfica, informou o club.

O xogador foi fichado este venres para as próximas cinco tempadas por 105 millóns de euros, procedente do Borussia de Dortmund, converténdose no xogador máis caro da historia do club barcelonista e o segundo do mercado mundial.

O Barcelona informa de que o futbolista chegará este domingo e ás 18.00 horas pousará para os medios gráficos no Camp Nou, mentres que o luns terá unha axenda completa, despois de superar a revisión médica. Así, o luns ás 12.30 horas, asinará o contrato no antepalco do Camp Nou, e ás 13.00 horas, será presentado en sociedade no Auditorio 1899.

Ás 13.45 horas, pisará por primeira vez vestido de azulgrana o Camp Nou, acto que estará aberto a todos os afeccionados (as portas do Camp Nou abriranse ás 12.30 horas). Ousmane Dembélé pechará a súa axenda cunha conferencia de prensa tamén no Auditirio 1988 ás 14.30 horas.

O xogador coñecerá aos seus futuros compañeiros cando finalice a semana longa de compromisos das seleccións nacionais. O seguinte partido do Barça será no campo do Espanyol.

Comentarios