O BOE publica o cesamento de Alberto Ruiz Gallardón como ministro de Xustiza

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publica hoxe o real decreto polo que o Goberno dispón o cesamento de Alberto Ruiz Gallardón como ministro de Xustiza. Trátase de real decreto 815/2014 de 23 de setembro que sinala que de conformidade co disposto nos artigos 62.e) e 100 da Constitución disponse o cesamento de Alberto Ruiz Gallardón como ministro de Xustiza "agradecéndolle os servizos prestados".

O real decreto está asinado con data de onte polo Rei Felipe desde a Misión Permanente de España ante Nacións Unidas en Nova York (Estados Unidos) e polo presidente do Goberno, Mariano Rajoy.

O BOE publica hoxe tamén o real decreto polo que o Goberno dispón que como consecuencia da vacante no cargo de ministro de Xustiza a vicepresidenta do Executivo e ministra da Presidencia, Soraya Saenz de Santamaría asuma o despacho ordinario dos asuntos correspondentes ao titular do citado departamento, ata que tome posesión o novo titular da carteira, Rafael Catalá Polo. Este real decreto está asinado da mesma forma que o anterior.

Alberto Ruiz Gallardón presentou onte a súa dimisión e anunciou que deixa o seu escano no Parlamento e abandona a política, tras confirmar Mariano Rajoy a retirada da reforma da lei do aborto. O novo ministro de Xustiza será Rafael Catalá Polo, é o actual secretario de Estado de Infraestruturas, segundo informou onte Presidencia do Goberno nun comunicado no que explicou que Rajoy aceptou a dimisión de Ruiz Gallardón.

Rafael Catalá tomará posesión do seu cargo a próxima semana, cando conclúan as viaxes oficiais do Rei a Nova York para asistir á asemblea xeral da ONU e de Rajoy a China.

Comentarios