O Camp Nou clama liberdade para os "presos políticos"

Voluntarios das entidades soberanistas repartiron nos arredores do estadio 70.000 cartolinas coa lema 'Llibertat presos polítics, som república'

Unha parte importante dos afeccionados que acudiron ao encontro contra o Sevilla disputado no Camp Nou mostraron o seu rexeitamento polo encarceramento dos exconsellers do Govern e dos presidentes da Assemblea Nacional Catalá e Òmnium Cultural.

Impulsados polos grupos de animación e as entidades soberanistas, os afeccionados do Barcelona pediron a liberdade dos exmiembros do Govern que esta semana ingresaron en prisión. Antes do inicio do partido, o club despregou unha inmensa bandeira catalá situada no lateral do estadio, á que lle acompañaron dúas lonas coa palabra xustiza escrita en catalán e en inglés.

Despois de que soase o himno, unha parte importante dos afeccionados presentes na bancada entoaron berros de "Libertad!". Ás accións promovidas polo club, sumouse a protesta dos grupos de animación Creu Sant Jordi, Nostra Ensenya, Supporters Puyol e Almogàvers, que non ocuparon o seu espazo do gol norte ata ao minuto 10 do partido.

Unha vez no estadio, os membros destes grupos empezaron a entoar cánticos favorables á liberade dos encarcerados. Ademais, voluntarios das entidades soberanistas Òmnium Cultural e Assemblea Nacional Catalá (ANC) repartiron nos arredores do Camp Nou 70.000 cartolinas coa lema "Llibertat presos polítics, som república".

Comentarios