O Centro de Día consegue o seu segundo distintivo de calidade en seis anos

O Centro de Día Municipal de Sanxenxo logrou, por segunda vez dende a súa apertura en novembro de 2004, o selo de Calidade ISO: 9001-2008, conseguido en xuño de 2005, coa obtención do certificado AENOR. As instalacións situadas en Baltar superaron unha exhaustiva auditoría que se realiza cada tres anos e na que se confirmou de novo a calidade da xestión do centro na prestación de atención integral de persoas maiores válidas ou asistidas para os servizos de atención persoal, médica, rehabilitación -fisioterapia e terapia ocupacional-, comedor, lavandería e transporte adaptado.

O estudo testemuña que a infraestrutura cumpre os requisitos legais e provocando a mellora continua dos procesos que se desenvolven no centro.

(Máis información na nosa edición impresa do 1 de abri).

Comentarios