O Comité da Supercopa abre senllos expedientes a Mourinho e a Vilanova

O Xuíz Único do Comité de Competición sobre a Supercopa de España, Alfredo Florez Praza, abriu expedientes ao técnico do Real Madrid José Mourinho e ao segundo adestrador do Barcelona "Perico" Vilanova, tras os incidentes protagonizados no partido de volta da Supercopa de España.

Mourinho meteu o dedo no ollo de Vilanova, que respondeu golpeando a caluga do técnico portugués
en pleno boureo de Real Madrid e Barcelona no Camp Nou, xa nos últimos compases da final da Supercopa.

O Comité de Competición da Federación española ha decidido abrir expediente de carácter "meramente indiciario" a Mourinho e Vilanova, unha vez examinadas as imaxes sobre as condutas dos técnicos do Real Madrid e Barcelona. Ademais, o Comité de Competición sanciona cun partido ao barcelonista David Villa e aos madridistas Marcelo e Mesut Özil.

O procedemento dos expedientes e a súa tramitación pasa a un instrutor, Rafael Alonso Martínez. Real Madrid e Barcelona teñen dereito á formulación de alegacións.

Comentarios