O Concelllo inicia un expediente para resolver o contrato do lixo con Urbaser

MARÍN. O Goberno local do Partido Popular ha aguantado case dous anos desde a súa chegada pero non está disposto a seguir soportando as consecuencias das deficiencias na prestación do servizo de recollida de lixo por parte da empresa Urbaser.

Neste sentido, a concelleira de Medio Ambiente, Marián Sanmartín, desvelou hoxe a intención do Concello de iniciar nas próximas semanas un expediente sancionador á firma concesionaria, que incluirá a proposta de proceder á resolución do contrato, vixente desde o ano 2001 e que finaliza o 30 de xaneiro de 2017.

"Las deficiencias detectadas en el servicio son tantas, tan graves y reiteradas de forma sistemática que la única solución que vemos a priori es proceder a la resolución del contrato", indicou hoxe Sanmartín, amparándose nos resultados provisionais dunha auditoría encargada o pasado mes de xaneiro e da que se están elaborando as conclusións definitivas.

A concelleira de Medio Ambiente considera que "se están incumpliendo prácticamente todas las obligaciones contractuales de la concesión, lo que está provocando un deterioro del servicio y las quejas continuas y más que justificadas de los vecinos".

Nesta liña, Sanmartín resalta que non se cumpre a frecuencia de recollida de residuos nin sequera no centro urbano, aínda que os feitos máis graves reprodúcense continuamente no rural, onde pasa bastante tempo entre cada baleirado dos colectores.

Presións

Así mesmo, o estado dos recipientes nos que depositan o lixo os veciños é moi deficiente, ao que se suma que non se procede á súa limpeza como establece o contrato, o que provoca cheiros e malestar entre os cidadáns.

"Es inasumible mantener la Destacan los incumplimientos de la frecuencia de recogida y del mantenimiento de los contenedores concesión del servicio en estas condiciones hasta su término en el año 2017, por lo que iniciaremos el expediente de resolución. En su tramitación habrá períodos de audiencia a la empresa para que explique la situación y exprese lo que considere oportuno antes de que se dicte la resolución correspondiente, que irá en función de las conclusiones que se extraigan del procedimiento", sinala.

Ademais, considera intolerables as presións que a empresa está a exercer sobre o Concello e os traballadores nestes momentos. "Seremos todo lo duros que se pueda y el objetivo es llegar a la resolución del contrato", engadiu.

En todo caso, a decisión non chegará antes de que o persoal de Urbaser convoque a folga prevista a partir do 1 de xullo. O Concello pediu á empresa que sente a negociar cos traballadores, á vez que segue traballando para alcanzar un acordo sobre as actualizacións dos prezos pendente desde 2008.

Comentarios