O Consello de Estado avala que os condenados por terrorismo non poidan exercer cargos públicos

A vicepresidenta do Goberno, Soraya Sáenz de Santamaría, confirmou que o Consello de Estado deu o seu aval a que os condenados por delitos especialmente graves, como o de terrorismo, non poidan ser cargo público mentres non se cancelen os seus antecedentes penais.

Trátase dunha das medidas incluídas no proxecto de lei reguladora das funcións do cargo público, que o Goberno aprobou hoxe para a súa remisión ás Cortes, tras recibir o informe favorable do Consello de Estado.

En concreto, o máximo órgano asesor do Executivo considerou que a honorabilidade exixible aos cargos públicos vai "máis aló" do ámbito ou do compoñente profesional, e que é unha esixencia máis ampla que debe considerase un requisito para quen exerzan funcións públicas.

Comentarios