O corpo da muller achado en Susqueda presenta un disparo de bala

Os expertos non conseguiron identificar aínda aos corpos a causa do mal estado que presentan tras un mes na auga
Los Mossos d'Esquadra en el pantano de Susqueda, donde aparecieron los dos cadáveres
photo_camera Los Mossos d'Esquadra en el pantano de Susqueda, donde aparecieron los dos cadáveres

O cadáver da muller achado o martes no pantano de Susqueda, que apareceu xunto ao dun home e que supostamente se corresponden ao da parella de mozos desaparecida o pasado 24 de agosto, presenta un disparo de bala na cabeza, segundo informan fontes da investigación.

Os forenses practicaron as autopsias e confirmaron que o cadáver que se presume como o de Paula M.P. mostra un buraco de entrada, e un de saída, que correspondería a un proxectil de arma de fogo.


Un testemuño dun invidiuo próximo ao pantano asegura que o día da desaparición ouviu catro disparos e un berro

De todos os xeitos, os expertos non conseguiron identificar aínda os corpos a causa do mal estado que presentan logo de máis dun mes baixo a auga, aínda que se espera facelo en breve.

O cadáver do home, supostamente Marc H.L., presenta feridas no tórax, que poderían corresponder a un ataque cun obxecto contundente, arma branca ou de lume, o que daría validez a un testemuño dunha persoa que vive cerca do pantano e que asegura que o día da desaparición ouviu catro disparos e un berro.

Os investigadores rastrexarán o pantano nos próximos días en busca de novas probas relacionadas co caso logo da realización das autopsias.

A policía cre que se trata dun dobre crime, e que polo menos serían dous os asasinos que acabaron coa vida da parella, para logo intentar que os cadáveres desaparecesen baixo a auga con mochilas cheas de pedras.

Os dous corpos apareceron espidos, un flotando na auga e o outro sobre unha parede do pantano, posiblemente por mor dun descenso do nivel do encoro ao termo do verán.

Os dous mozos atopábanse de vacacións no momento da desaparición e tiñan previsto visitar Tamariu, en Palafrugell (Xirona), e o Montseny, así como facer unha excursión nun kaiak, propiedade de Marc H.L., polo pantano de Susqueda.

Esa embarcación tamén se atopou na auga media desinflada, do mesmo xeito que o coche en que viaxaban, despois de que se lles viu por última vez nun restaurante próximo logo dunha extracción dun caixeiro automático da Cellera de Ter.

Comentarios