miércoles. 23.06.2021 |
El tiempo
miércoles. 23.06.2021
El tiempo

O Frigoríficos necesita recuperar sensacións

La defensa del Frigoríficos intenta detener a un rival
La defensa del Frigoríficos intenta detener a un rival
As últimas dúas derrotas obrigan aos de Pillo a puntuar no Gatañal

O Frigoríficos do Morrazo buscará este sábado ante o Liberbank Ciudad Encantada esquecer a dolorosa derrota cultivada ante o Fraikin Granollers cunha vitoria que lle permite coller aire na clasificación antes de afrontar visita ao Bidasoa Irún, outro dos rivais directos na loita por eludir o descenso.

O equipo cangués chega ao encontro logo de ofrecer a súa peor cara no Palau D'Esports de Granollers, onde se viron superados claramente por un rival que soubo explotar á perfección as súas continuas perdas de balón no ataque posicional.

Esa derrota, unida á cultivada unha semana antes ante o Atlético Valladolid, obrigan ao conxunto dirixido por Víctor García Pillo a puntuar ante o Ciudad Encantada, un rival que chegará ao Gatañal lanzado, logo de gañar catro dos primeiros cinco partidos do curso —unicamente perderon, e pola mínima, na pista do Ademar León—.

Necesitará o Frigoríficos minimizar os seus erros en ataque para superar a un equipo que se consolidou na zona media alta da Asobal, grazas a un excelente traballo defensivo, apoiando por unha potente primeira liña, na que destaca o arxentino Pablo Vainstein, o brasileiro Thiago Alves e o central Javi Castro.

Este encontro, para o que técnico dos Frigoríficos recuperará ao central Rubén Soliño e mantén a dúbida do especialista defensivo Maxi Cancio, comezará ás 18:30 horas e será dirixido polos irmáns Jesús e Jorge Escudero Santiuste.

O Frigoríficos necesita recuperar sensacións
comentarios
ç