O Goberno aproba o marco regulatorio aéreo, que conxela as taxas ata 2025

O Goberno aprobou hoxe o Documento de Regulación Aeroportuaria (DOURA), principal instrumento de regulación e supervisión de Aena, que establece que as tarifas aeroportuarias non subirán ata o ano 2025.

O novo marco regulatorio, que acompañará á privatización de Aena e que terá unha duración quinquenal, establecerá os niveis de calidade de servizo, os estándares de capacidade dos aeroportos, as condicións mínimas de servizo e de investimentos así como as tarifas, anunciou hoxe a ministra de Fomento, Ana Pastor, na rolda de prensa posterior ao Consello de Ministros.

Segundo desvelou onte a Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia (CNMC), o borrador de real decreto co que se establece o marco regulatorio do sector aeroportuario contempla a conxelación das taxas ata 2025 a condición de que os investimentos acometidos por Aena non superen os 450 millóns de euros anuais e o incremento dos custos aeroportuarios non supere o 1%.

Comentarios