O PP acusa: o goberno de Lugo esperará un mes para actuar ante Urbaser

Paz Abraira, reunida con los concentrados (Foto: XESÚS PONTE)
photo_camera Paz Abraira, reunida con los concentrados (Foto: XESÚS PONTE)

O goberno local de Lugo non tomará medidas respecto da folga na  empresa encargada da limpeza, Urbaser, ata, polo menos, o 11 de xullo, cando se cumpriu un mes do inicio deste paro. Así o asegurou este xoves o PP, cuxa edil Isabel Devesa fixo o cálculo a partir do ultimato enviado a Urbaser.

"Transcorrerá máis dun mes desde o día 10 de xuño, o de inicio da folga ata que os socialistas poidan tomar unha medida respecto da concesionaria municipal", censurou a edil popular.

Devesa explicou que o grupo municipal do PP tivo acceso ao requirimento municipal remitido a Urbaser, e nel concédeselle á empresa "outra prórroga máis", ata o 11 de xullo, "unha vez constatada a demora municipal na notificación á firma privada".  Así, o prazo empezou a contar ao día seguinte da recepción do documento (este martes 24), en lugar do xoves 19. 

Isabel Devesa cualificou de inxustificable "e inadmisible" esta situación. Nesa liña, a concelleira reprochou a "excesiva laxitud nos prazos" tendo en conta que existían xa informes de alerta sanitaria.

MOBILIZACIÓN ANTE A CASA CONSISTORIAL

Os traballadores de Urbaser, que levan en folga dezasete días por varias demandas salariais, concentráronse este xoves ante a casa consistorial, aproveitando que se celebraba unha reunión da xunta de portavoces, aínda que só lograron falar coa do BNG, Paz Abraira.

A concelleira nacionalista anunciou que o seu grupo levará ao pleno do luns a moción que presentou o comité de folga. Abraira asegurou que "a única preocupación que manifesta o alcalde é a de blindar a casa consistorial para que non lle protesten dentro", mentres que "para o PP a única preocupación pasa por saber cales son os puntos da cidade nos que se declara a alerta sanitaria".

Mediante esa moción, os folguistas queren que a corporación local pida a readmisión do comité de folga e dos traballadores sancionados, que se solicite a Urbaser que sente a negociar con presenza do mediador do Consello Galego de Relacións Laborais e que, en caso contrario, se inicien os trámites para rescatarr o servizo e, posteriormente, municipalizarlo.

Tamén este xoves, Foro Lugo Independente, unha nova formación política, dirixiuse ao Concello para solicitar unha copia do contrato con Urbaser.

Comentarios