O Goberno facilitará ás CC AA os medios para cumprir cos recortes, incluso modificacións legais

O Goberno facilitará ás Comunidades Autónomas os mecanismos necesarios para que poidan aforrar este ano en educación e sanidade 10.000 millóns de euros e cumprir así os obxectivos de déficit que teñen marcados.

Fontes gobernamentais expuxeron a Efe esa intención tras o anuncio realizado polo Executivo de aforrar esa cantidade este ano con medidas de racionalización, eliminación de duplicidades e mellora da eficiencia na xestión. Eses 10.000 millóns, segundo as mesmas fontes, sumaranse este mesmo ano aos 27.000 millóns de axuste que xa están previstos nos orzamentos xerais do Estado para este exercicio.

A intención do Goberno é analizar con detalle coas Comunidades Autónomas nas respectivas reunións sectoriais que se celebrarán este mes que medidas adoptar para facer efectivo ese aforro, tendo en conta que son elas as que teñen as competencias en educación e sanidade. Se os CC.AA estiman que non contan con recursos suficientes para xestionar esas competencias, o Goberno facilitará mecanismos que, incluso, poderían incluír modificacións legais.

Na reunión tras a que o Executivo anunciou o aforro de 10.000 millóns en sanidade e educación, o Goberno reiterou o firme compromiso de reducir o déficit público ao 3 por 100 do PIB en 2013 e de que no presente exercicio sexa do 1,5 por cento para as Comunidades Autónomas.

Comentarios