O Goberno ''traballa'' para conseguir que a lei do aborto recolla ''todas as sensibilidades''

A ministra de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, Ana Mato, insistiu hoxe en que o Goberno traballa por conseguir "o máximo consenso" de todos os sectores da sociedade en relación á reforma da lei do aborto.

Mato fixo estas declaracións aos xornalistas antes de intervir na apertura da Asemblea Anual do Comité de Representantes de Persoas con Discapacidade (Cermi) preguntada pola posibilidade de que o Goberno inclúa a malformación do feto como un motivo para interromper o embarazo de forma legal. A ministra só quixo engadir, ademais, que o Executivo tamén traballa en protexer "especialmente as menores".

O anteproxecto de lei orgánica para a protección da vida do concibido e os dereitos da muller embarazada limita a dúas os casos nos que o aborto está despenalizado: cando a muller sexa violada ou cando a súa saúde psicolóxica ou psíquica corra risco.

O titular de Xustiza, Alberto Ruiz-Gallardón, impulsor da reforma, asegurou hoxe que o Goberno estudará as recomendacións dos órganos consultivos ao anteproxecto , entre as que se atopan que a malformación do feto sexa motivo legal para abortar.

O Consejo General do Poder Judicial aprobou o pasado 13 de xuño o seu informe sobre este anteproxecto, no que pediu ao Goberno, entre outros cambios, que non penalice o aborto euxenésico.

Tamén a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, expresou hoxe en Lugo o seu desexo de que o novo texto da lei do aborto que prepara o ministro de Xustiza, Alberto Ruiz Gallardón, no que se incluirá a malformación do feto como motivo legal para interreumpir o embarazo, recolla "todas as sensibilidades".

Tras presentar unha liña de axudas na Xunta de Galicia en Lugo, Mato explicou que "o máis importante é buscar o máximo consenso posible para axuntar e poder defender todas as sensibilidades que hai sobre este tema". "Espero que este novo texto, que din que esta semana se vai a presentar no Consello de Ministros, recolla esas sensibilidades. é dicir, axuntar o máximo e que ese máximo posible sexa acordado e veña ao noso país a paz que sempre existiu ao redor desta lexislación", sinalou.

Mato non escondeu que o texto inicial da lei do aborto "non estaba a responder ao que estou a dicir", en relación á procura de consenso.

Comentarios