O Lobelle, supercampión de España

O Lobelle de Santiago obtivo este domingo a súa primeira Supercopa de España de fútbol sala, ao imporse na final ao Inter Movistar (3-2), disputada no palacio multiusos de Guadalaxara.

Foi un partido disputado e intenso, no que o gol da vitoria, obra de Diego, non chegou ata o último minuto. Desta forma, o equipo compostelán, que dirixe Tomás de Deus, logra a súa primeira Supercopa ao terceiro intento.

O Inter, moi agresivo, esperou á contra para matar ao rival e viu como este lle daba a volta ao marcador. Aicardo, quen xa fora decisivo o sábado na semifinal ante o Guadalaxara (tamén 3-2 para os santiagueses, prórroga incluída),. foi elixido mellor xogador da final.

O alto ritmo de xogo por parte de ambos os equipos foi o denominador común dos primeiros compases do choque. Lobelle presionou moito durante toda a primeira metade pero o Inter, moi ordenado, defendeu case á perfección, adiantou Borja ao Inter de penalti e empatou Rafael no 17 de falta directa, no mesmo minuto Ciço puxo o 1-2 no luminoso cun certeiro disparo á escuadra.

Non baixou o ritmo de ambos os equipos na continuación, Lobelle buscou a portería con afán, ata que no 31 Rafael bateu a Luís Amado. O 2-2 deixaba moi aberta a final, pero a ambición santiaguesa tivo a súa recompensa ante un Inter roto fisicamente. A un minuto do final, Diego, unha das novas promesas do Lobelle, acertou a bater a Luís Amado a pase de Rafael para deixar en Santiago a primeira Supercopa de España.

é a primeira vez que un equipo galego obtén este título. Desde que se instituyó, en 1990, non se disputou en tres ocasións, por coincidir o campión de Liga e o de Copa. Só dous equipos galegos chegaron á final. O primeiro foi o Azkar de Lugo, que perdeu ante o Boomerang Interviu en 2005, e o segundo, o Lobelle, que disputou as de 2006, 2007 (perdidas ambas ante O Pozo Murcia) e a gañada este domingo.

Comentarios