O Parlamento aproba con unanimidade axilizar a Risga

O Parlamento galego aproba unanimemente unha iniciativa do BNG, con achegas do PP, que insta á Xunta a axilizar a tramitación da Renda de Integración Social (Risga) para adecuarse aos prazos que marca a lexislación.

A iniciativa, defendida onte no pleno pola deputada Carme Adán, pide axilizar esta prestación e tamén instar os municipios e outras administracións responsables de tramitala e tamén as axudas de inclusión social que aceleren os trámites dos expedientes.

Igualmente, a proposta aprobada pide da Xunta que a todas as persoas que soliciten a RISGA a través da Lei de Inclusión Social e estean a esperar por unha resolución e superasen os tempos legais establecidos recoñézaselles o dereito á percepción por silencio administrativo.

Finalmente, a proposta reclama que todas as solicitudes rexistradas antes do 31 de marzo deste ano resólvanse nun prazo máximo de dous meses.

Comentarios