O PSOE afirma que se pon de manifesto a irrelevancia de Rajoy

O portavoz de Facenda no Congreso, Pedro Saura, cre que a reelección de Jeroen Dijsselbloem como presidente do Eurogrupo fronte ao ministro de Economía, Luís de Guindos, pon de relevo a "absoluta irrelevancia" do presidente do Goberno, Mariano Rajoy, en Europa.

O fracaso de De Guindos é a proba do nove" da "irrelevancia" e do "illamento" de Rajoy na Unión Europea, dixo Saura en declaracións no Congreso logo da reelección de Dijsselbloem.

Un "mal día" para Rajoy en Europa, insistiu o portavoz socialista ao recordar tamén que esta noticia coincide, "desgraciadamente", coa sanción a España polo déficit "oculto" da Comunidade Valenciana cando era gobernada polo popular Francisco Camps.

Rajoy, subliñou Saura, é o "campión" da débeda pública e tamén ten marcas do déficit, o segundo máis alto da UE, segundo sinalou.

Comentarios