A puñada de Fernando Alonso tras abandonar no Gran Premio Singapura

A parede da habitación do seu hotel pagou a frustración do piloto asturiano tras abandonar a carreira

Fernando Alonso tivo este domingo unha das mellores oportunidades para subirse ao podio. Tras unha magnífica saída no Gran Premio de Singapura —chegou a colocarse segundo—, o piloto asturiano tivo que abandonar na novena volta, despois de que o accidente entre Raikkonen e Verstappen deixase o seu monopraza moi danado.

A fustración foi tal que, segundo a BBC, a parede da habitación do piloto apareceu cun buraco do tamaño dun puño. "A frustración é palpable. Alguén en McLaren dime que agora hai un buraco do tamaño dun puño na parede da habitación de Alonso...", escribiu en Twitter o xefe de deportes da cadea británica, Andrew Benson.

Non aclara, con todo, se o autor da puñada foi o propio Alonso ou outra persoa.

Comentarios