O Teucro confirma a fichaxe de Yoan Balázquez

O lateral esquerdo brasileiro será presentado este xoves na Casa da Luz
Yoan Balázquez en un partido con el Ismai
photo_camera Yoan Balázquez en un partido con el Ismai

O lateral esquerdo Yoan Balázquez xa é xogador dos Condes de Albarei Teucro de xeito oficial, confirmando o que adiantou Diario de Pontevedra o pasado mes de xuño.

O xogador, de orixe cubana, chega a Pontevedra proveniente do FC Porto, tras estar esta última tempada cedido no Ismai portugués logo de completar unha gran tempada.

Balázquez chega con moi boas referencias na parcela ofensiva, onde está chamado a ser o principal baluarte da primeira liña á hora de anotar.

Logo dun mes, o Teucro e o xogador puideron liquidar os últimos detalles que impediron que a operación fose oficializada con anterioridade. Será presentado xunto a Bruno Teixeira este xoves na Casa dá Luz.

Teixeira, de orixe brasileira, ten 27 anos e actúa como lateral dereito. A súa fichaxe polo Teucro non significará a súa primeira incursión en Europa, pois provén do HIK Karlskrona, da Primeira División sueca. Trátase dun lanzador que pode achegar tanto en ataque como en defensa.

Ambos os xogadores e Colasuonno terán a súa primeira sesión de adestramentos na tarde do xoves ás 19:00 horas. Antes diso, Quique Domínguez e o seu corpo técnico terán unha charla con todo o seu equipo, momento no que as novas fichaxes coñecerán aos que serán os seus compañeiros esta tempada.

Comentarios