Néstor Rego, novo líder da UPG

O ex tenente de alcalde do Concello de Santiago Néstor Rego foi elixido hoxe novo secretario xeral da Unión do Pobo Galego (UPG), co que substitúe ao histórico Francisco Rodríguez, que ocupou o cargo doce anos.
 
Rego foi elixido por unanimidade do comité central da UPG saído do seu XIII congreso, celebrado en Santiago, e referendado pola propia asemblea, que tamén elixiu a Rodríguez como un dos membros do secretariado político.
 
A saída de Francisco Rodríguez da máxima dirección deste partido marxista integrado no BNG supuxo os eloxios da asemblea e do portavoz nacional do Bloque, Guillerme Vázquez, que recoñeceu a súa traxectoria e a súa contribución á formación frontista.

Comentarios