En liberdade con cargos as 12 persoas que permanecían detidas

O Xulgado de Instrución número 16 de Valencia, en funcións de garda, acordou a liberdade provisional con comparecencias periódicas dos detidos postos á súa disposición pola Policía polos incidentes de onte.

Segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza da Comunitat Valenciana, a causa está aberta por resistencia, desordes, lesións e atentado autoridade.

Doce persoas das vinte e cinco que foron detidas na cuarta xornada de protestas estudantís de Valencia pasaron a noite en comisaría e permanecían esta mañá nas dependencias policiais á espera da súa posta a disposición xudicial.

Os seis menores e sete adultos que tamén foron detidos durante a xornada de onte foron postos onte á noite mesmo en liberdade, segundo fontes policiais.

Comentarios