miércoles. 23.09.2020 |
El tiempo
miércoles. 23.09.2020
El tiempo

Atopan no río o cadáver dunha muller desaparecida en Redondela

Un particular localizou esta madrugada, nun río próximo ao pobo dos Valos, o cadáver dunha muller que desaparecera durante a tarde de onte da súa casa, situada en Redondela (Pontevedra).

O CAE 112 Galicia informou de que, a partir das 22.30 horas da pasada noite, a Policía Local do municipio solicitou a mobilización dunha unidade canina de rescate da agrupación de voluntarios de Protección Civil da Estrada, a cal puxo en marcha de inmediato o dispositivo de procura.

Nas labores de rastrexo participaron ademais axentes da Garda Civil e da Policía Nacional, efectivos de Protección Civil de Redondela e veciños e familiares da falecida. Tamén se informou aos servizos sanitarios de urxencia por se tivesen constancia do traslado da muller a algún centro hospitalario.

Atopan no río o cadáver dunha muller desaparecida en Redondela
comentarios