La excavación en A Subidá permitirá ampliar el espacio visitable

Nos traballos acháronse fragmentos de cerámica de obxectos de uso cotián e partes dun colar realizadas con pasta vítrea
Excavación en el castro de A Subidá
photo_camera Excavación en el castro de A Subidá

A actuación que está a realizar o Concello de Marín no castro da Subidá suporá a ampliación da superficie exposta, o que permitirá mellorar o coñecemento que se ten desta aldea castrexa, á vez que se solucionarán os problemas de conservación das estruturas actualmente visibles.

A escavación, que ten un orzamento de 14.000 euros, púxose en marcha a semana pasada e finalizará nuns días. A mesma está a deixar á vista unha nova estrutura doméstica, que se incorporará ao conxunto. Os traballos tamén están a sacar á luz diversos materiais de uso cotián dos habitantes desta aldea, como fragmentos de cerámica de vaixela utilizada na vivenda ou pezas dun colar realizadas en pasta vítrea. Ao finalizar a escavación comezarán os traballos de consolidación e acondicionamento deste novo espazo.

Cando termine a actuación, o Concello de Marín organizará distintas actividades para divulgar os resultados entre os marinenses e todos os interesados na historia de Marín en particular e de Galicia de xeneral.

Conxuntamente cos petróglifos de Mogor, A Subidá recibe numerosos visitantes, é punto de interese en diversas rutas de sendeirismo e é frecuentado por grupos de escolares dos centros marinenses.

Trátase dun poboado fortificado castrexo, da Idade de Ferro, cunha superficie dunhas tres hectáreas. En todo caso, as estruturas que se poden ver actualmente foron escavadas en 2011.

Ademais, o castro permite ao visitante comprobar como era a forma de vida dos habitantes da zona fai máis de 2.000 anos.

Comentarios