miércoles. 23.06.2021 |
El tiempo
miércoles. 23.06.2021
El tiempo

A ETT Randstad enche en Ponte Caldelas

Los asistentes a la cita fueron tantos que no había sillas para todos
Los asistentes a la cita fueron tantos que no había sillas para todos
A charla para explicar o proceso de selección da ETT que fará as contratacións para Aludec e Orbe reúne por centos de veciños

O salón de actos do CEIP Cordo Boullosa reuniu o venres a centos de veciños (máis de 250) para á charla impartida por un técnico da ETT Ranstad, que, segundo anunciou recentemente o Concello, será a encargada de realizar as contratacións para as ampliacións de persoal previstas nas empresas Orbe e Aludec, que se están instalando no polígono da Reigosa.

A charla espertou as expectativas dun número de veciños moi superior ao esperado polo Goberno local, cuxos integrantes compareceron na reunión para presentar ao responsable de Ranstad e para animar aos asistentes. "O único que demandamos é un sistema transparente, claro e imparcial onde se poidan beneficiar desta oportunidade de atopar traballo tódalas familias con persoas en paro do noso municipio. Cremos que deste xeito se garante un proceso aberto e obxectivo, que terá como punto de referencia e por igual aos currículos de tódalas persoas que os depositaron no Concello. O camiño está aberto, igual para todos. Só queda desexarvos sorte a todos", concluíu Andrés Díaz.

O alcalde tamén advertiu aos veciños e á propia empresa sobre a picaresca que se está producindo no concello despois de que se anunciasen as contratacións, en 2016 de 50 persoas nunha das fábricas e unhas 30 na outra. "Xa avisamos á empresa de que queriamos que se tivera en conta unha cousa: a antigüidade no censo para evitar que usen a picaresca persoas doutros lugares que agora estanse a empadroar apresuradamente", apuntou Díaz, quen sinalou que se están censando novos veciños procedentes, incluso, do Rosal.

O equipo de Goberno anunciou tamén que a mediados de novembro porase en marcha o curso de manipulador de alimentos para que todos os desempregados do municipio que carezan del poidan obtelo. O curso, gratuíto, está dotado dunhas 70 prazas, e realízase porque é un dos requisitos que se esixen para ser traballador da industria conserveira (Orbe).

En canto á presenza masiva de veciños, o tripartito valorou positivamente que atopasen útil esta iniciativa e destacou a importancia de "poder dar unha oportunidade a tantas familias como as que están hoxe aquí buscando unha oportunidade".

O responsable da ETT proxectou un audiovisual no que se sinalaba a importancia da formación continua para ir ampliando as posibilidades de atopar emprego a través do currículo. Posteriormente, deu as directrices básicas para elaborar un bo documento de demanda de emprego, que facilite a tarefa ao entrevistador e, para rematar, abordou as claves do proceso de entrevista persoal, a linguaxe corporal e as actitudes para enfocar un test persoal na recta final de face á consecución dos ansiados contratos.

A ETT Randstad enche en Ponte Caldelas
comentarios
ç