EU reclama que A Cova de Eirós sexa Patrimonio da Humanidade "canto antes"

A agrupación de esquerdas esixe que "todo" o xacemento sexa protexido para evitar "actividades extractivas" que puxesen en risco o devandito patrimonio
Arqueólogos de la USC trabajan en la Cova de Eirós, en Triacastela
photo_camera Arqueólogos de la USC trabajan en la Cova de Eirós, en Triacastela

Esquerda Unida reclama que "todo" o xacemento da Cova de Eirós, en Triacastela, sexa declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco, polo que instou á Xunta a iniciar os trámites para conseguilo "canto antes". A agrupación emitiu este sábado un comunicado no que daba a voz de alerta pola "proximidade das actividades extractivas nunca freadas pola Xunta" que pon "en risco" o conxunto de pinturas rupestres da Cova.

Esta explotación trátase dunha canteira de Cementos Cosmos moi preto da chamada 'Atapuerca galega'. Esta canteira dispón dunha licenza do Concello triacastelense, o cal xa manifestou a súa intención de recorrer.

Ante isto, Esquerda Unida afirma que aínda "alberga esperanza para a preservación e integridade" da Cova de Eirós, ao redor da cal a Dirección Xeral de Patrimonio de lal Goberno autonómico "delimitou unha área de afectación e estableceu unhas cautelas que atenden máis aos intereses de Cementes Cosmos que á correcta conservación deste xacemento", subliñou a formación. Por iso, instaron á Administración galega a iniciar os trámites para que A Cova de Eirós sexa incluída "canto antes" na lista da Unesco de lugares Patrimonio da Humanidade.

Para rematar, o partido quixo resaltar a importancia do xacemento triacastelense, que alberga as únicas mostras de arte rupestre do Paleolítico descubertas en Galicia e dentro do cal se están realizando unhas escavacións para buscar indicios de ocupacións humanes anteriores ás atopadas ata o momento.

Comentarios