Ex propietarios de Alfageme queren recuperar a empresa a través dunha inmobiliaria

Os ex propietarios de Alfageme, a familia Lago, pretenden, segundo a central sindical CIG, recuperar a empresa a través da inmobiliaria Financial Solutions on Patrimony S.L. e tres recibir ''unha subvención millonaria'' do Igape.

Segundo Rosa Abuín, portavoz da CIG, esta operación ''dificulta'' agora a venda de Alfageme ao Consorcio Conserveiro Español.

Ao parecer, a citada inmobiliaria presentou xa unha oferta no Xulgado do Mercantil número 3 de Pontevedra.

A empresa non pode ser vendida ao Consorcio ata que se produza a resolución do Xulgado, mentres sindicatos e traballadores temen que este grupo se canse de esperar''.

''Esta é unha nova estratexia da familia Lago. Está detrás da inmobiliaria, e aínda que temos claro que non cumpre cos criterios para que lle adxudiquen Alfageme, temos medo de que o Consorcio se canse'', expuxo Abuín.

Os representantes sindicais manifestáronse ''indignados'' porque ''o Lago levaron moito diñeiro en subvencións e agora, no canto de facilitar a operación, aínda queren máis'', engadiu a portavoz da CIG.

Comentarios