Extinguido o incendio forestal de Melón tras queimar máis de 159 hectáreas

Un helicóptero durante las tareas de extinción del incendio iniciado en Melón
photo_camera Un helicóptero durante las tareas de extinción del incendio iniciado en Melón

O incendio forestal que comezou na noite do domingo no municipio ourensán de Melón quedou extinguido na mañá deste mércores tras queimar unhas 159,77 hectáreas.

Así o indicou a Consellería do Medio Rural, que concretou que 111 hectáreas afectadas corresponden a monte raso e outras 48,77 de monte arboledo.

Este lume, rexistrado na parroquia de Quins, comezou ás 23.00 horas do domingo e, tras quedar controlado ás 21.42 horas do luns, foi extinguido ás 10.30 horas deste mércores.

No seu control traballaron 14 axentes, 24 brigadas, dez motobombas, unha pa e oito helicópteros, segundo concretou Medio Rural.

Comentarios