miércoles. 03.03.2021 |
El tiempo
miércoles. 03.03.2021
El tiempo

Falece unha muller en Ferrol atropelada por un condutor drogado

A vítima tiña 73 anos e cruzaba por un punto non habilitado

Unha septuaxenaria perdeu a vida na tarde deste domingo en Ferrol ao sufrir un atropelo por parte dun condutor que ía drogado. O suceso tivo lugar na rúa Castelao.

A muller, de 73 anos de idade, foi alcanzada por un vehículo cando ao parecer atravesaba a calzada por un punto non habilitado para o paso de peóns. Dúas ambulancias acudiron ao lugar do accidente na cidade departamental, pero non puideron facer nada por salvar a súa vida.

O condutor foi detido posteriormente tras dar positivo no control de drogas practicado tras o suceso. Ambulancias e Policía Local ferrolá acudiron ao momento, indicando pouco despois o corpo municipal na súa conta da rede social Twitter que a "choiva, as drogas e outros factores levaron un fatal desenlace". "Unha persoa falecida e un condutor detido", engadiu este corpo.


RETENCIÓNS EN VIGO. Por outra banda, un accidente provocou importantes retencións este domingo pola noite en dirección a Vigo que afectaron tanto á A-55 como á A-52, dúas vías con gran tránsito.

Falece unha muller en Ferrol atropelada por un condutor drogado
comentarios
ç