Falece unha muller nun accidente en Fene

Sufriu unha saída de vía nun tramo con curvas en Barallobre

Unha muller de 69 anos faleceu este luns en Fene tras sufrir unha saída de vía co seu vehículo nun tramo con curvas na parroquia de Barallobre.

Segundo comunicou o 061 Galicia, o seu central de coordinación recibía unha alerta por este accidente de tráfico ás 14.43 horas.

Ata o lugar desprazouse unha ambulancia medicalizada, cuxo persoal atendeu á muller, de 69 anos e con iniciais M.M.F., aínda que faleceu no lugar.

Fontes policiais relataron a Efe que o suceso sobreveu nas proximidades dun establecemento de alimentación, impactando o vehículo contra un muro mentres circulaba en dirección a Perlío, no centro urbano fenés.

O sinistro consistiu nunha saída de día pola marxe dereita da calzada, con posterior colisión contra un sinal de tráfico e un noiro, detallaron a Efe fontes da Garda Civil.

Os axentes de Tráfico instrúen dilixencias para esclarecer as causas do accidente, que serán remitidas ao xulgado de garda de Ferrol.

Comentarios