Falece unha persoa en Vimianzo tras ser atropelada por un turismo

O accidente produciuse na AC-432 este venres pola mañá

Unha persoa faleceu este venres tras ser atropelada por un turismo na AC-432, en Vimianzo. Sobre as 08.30 horas, Urxencias Médicas solicitaba ao CAE 112 Galicia os servizos das Forzas da Orde para un atropelo que se acababa de producir. 

Así, de inmediato, pasouse aviso aos axentes da Garda Civil e da Policía Local, así como, tamén se requiriu a intervención de Protección Civil. Os Bombeiros de Cee tamén foron informados. 

O persoal sanitario, confirmou ao 112 Galicia o falecemento da persoa.

Comentarios