Fervor pola Virxe das Dores na parroquia caldelá de Ínsua

Os veciños adornaron con alfombras florais as rúas por onde discorreu a procesión nocturna
A procesión nocturna congregou a numerosos fieis na Ínsua
photo_camera A procesión nocturna congregou a numerosos fieis na Ínsua

Como cada penúltimo sábado de agosto, os veciños da parroquia caldelá de Santa Mariña de Ínsua acoden á cita coa Virxe das Dores. A igrexa parroquial quedouse pequena ante a cantidade de fieis que asistiron á cerimonia relixiosa, que se celebrou a noite do sábado. Despois dos oficios, a comitiva procesional percorreu, como de costume, os principais lugares da localidade. A xornada rematou coa verbena, que se extendeu ata a madrugada.

Ademáis, o alcalde de Ponte Caldelas asistiu ós actos convidado pola Comisión de Festas. Andrés Díaz, acompañado polo tenente de Alcalde, Enrique Vidal, aproveitou a súa presenza na Ínsua para agradecer a invitación ós veciños, e tamén reiterou a boa disposición do recén estreado equipo de Goberno cos diversos actos e festexos que se organicen nas diferentes parroquias do concello. Segundo considerou o rexedor, a nova política do municipio ten intención de apostar polas persoas.

Por outra banda, Díaz, que participou na procesión, puxo en valor a importancia de conservar as tradicións como feito identitario dun pobo, e , do mesmo xeito, felicitou ós autores das alfombras florais que adornaron o paso da virxe. A xornada rematou coa tradicional verbena.

Comentarios