Frío martes de confinamento

O martes Galicia continuará no corredor de isóbaras, formado entre as altas presións situadas ao oeste de Irlanda e as baixas presións achegándose polo suroeste da península.

Esta situación traerá unha xornada de ceos con nubes e claros e con chuvascos ocasionais no terzo norte e no Leste, que poderán ser de neve a partir dos 1.000 metros pola mañá e dos 1.400 metros pola tarde.

As temperaturas mínimas descenderán e as máximas ascenderán lixeiramente.

Os ventos soprarán moderados do nordeste, fortes no litoral norte.

Temperaturas mínimas e máximas previstas para este sábado en Galicia: 
A Coruña  6°/13°; Ferrol  6°/14°; Lugo 0°/12°; Ourense 4° 15°; Pontevedra 4° 15°; Santiago 3° 13°; Vigo 5° 16°

Comentarios