Galicia encara un fin de semana sen choivas

O venres rexistráronse no sur da comunidade temperaturas que superaron os 20ºC
Gente en una terraza de Pontevedra. RAFA FARIÑA
photo_camera Xente nunha terraza de Pontevedra. RAFA FARIÑA

A comunidade galega encara un fin de semana no que a ausencia de precipitacións será unha constante. Un bo precedente atopámolo no venres, no que varios puntos do sur da comunidade chegaron a superar os 20ºC. 

Durante o venres Galicia quedou na influencia das altas presións e con circulación do nordés. Mentres que o vento soprou do nordés frouxo en terra máis intenso no litoral, con refachos fortes pola tarde entre Ferrol e Ortegal.

En canto ao sábado, espérase que as altas presións localizadas no norte da Península Ibérica acheguen estabilidade e vento do nordés de novo. Deste xeito agardamos unha xornada de ceo pouco nubrado ou despexado, con algunha nube de estancamento no extremo norte. As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso, tanto nas mínimas como nas máximas. Os ventos soprarán do nordés, moderados no terzo norte, máis frouxos no resto.

sabado

O domingo espérase influencia anticiclónica sobre Galicia, con circulación do nordeste. Con esta situación teremos ceos con alternancia de nubes e claros no extremo norte e ceos pouco nubrados ou despexados no resto. As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso. Os ventos soprarán do nordeste, moderados no litoral e frouxos no interior.

domingo

Comentarios