sábado. 15.05.2021 |
El tiempo
sábado. 15.05.2021
El tiempo

Galicia, entre as Comunidades cunha maior taxa de descenso do IPI en maio, cun 2,8%

Galicia rexistrou un descenso interanual do Índice de Produción Industrial (IPI) do 2,8% o pasado mes de maio, unha porcentaxe que a sitúa entre as tres Comunidades autónomas coas taxas de diminución máis elevadas, xunto a Andalucía (-4%) e Comunidade Valenciana (-3,3%).

Nos primeiros cinco meses do ano, a variación media do IPI en Galicia foi do -3,8%, segundo os datos publicados hoxe polo Instituto Nacional de Estatística.

No ámbito nacional, a produción industrial subiu o 0,8 % en maio sobre o mesmo mes de 2010, tras a redución do 4,1 % en abril.

Corrixidos os efectos do calendario (a diferenza de días hábiles dun mesmo mes nos distintos anos) a produción industrial tería diminuído un 0,4 %, máis dun punto superior ao mesmo dato rexistrado en abril.

Galicia, entre as Comunidades cunha maior taxa de descenso do IPI...
comentarios
ç