Galicia manterá a anomalía seca para despedir o mes de xaneiro

Os termómetros de Lalín roldaron os -6 ºC nun venres de frío xeneralizado en toda a comunidade â?? Os municipios ourensáns de Xinzo e Verín alcanzaron temperaturas mínimas inferiores a -8 ºC
Una jornada de frío en el encoro de Bora. J. CERVERA
photo_camera Este venres de frío no encoro de Bora. J. CERVERA

O descenso nas temperaturas mínimas en zonas do interior de Galicia fíxose notar este venres, especialmente na provincia de Ourense, onde as estacións meteorolóxicas en Xinzo ou Verín chegaron a marcar valores inferiores aos -8 ºC.

Así, segundo os datos publicados por Meteogalicia, á primeira hora da mañá deste venres, a estación de Xinzo de Limia alcanzou unha temperatura mínima de -8,5 ºC; mentres que a estación de Vilela en Verín chegou aos -8,1 ºC. Estes valores supoñen descensos de máis de dous graos con respecto ás marcas de primeira hora do xoves.

Na mesma liña, os valores mínimos dos termómetros noutros municipios como Calvos de Randín e Baltar (en Ourense) ou Lalín (Pontevedra) estiveron entre -6,8 ºC e -5,7 ºC.

Todas estas estacións de medición están situadas a unha altitude inferior a 900 metros.

Con respecto ás estacións situadas por encima dese nivel, as temperaturas mínimas non variaron demasiados nas últimas horas, e situáronse na contorna dos 0 ºC, oscilando entre os -1 ºC de O Invernadoiro (Vilariño de Conso, Ourense) e os 0,2 ºC de Navia de Suarna.

Previsión meteorolóxica sábado 29

PREVISIÓN DO SÁBADO. Con respecto ao comezo do fin de semana, segundo a previsión de Meteogalicia, continuaremos durante o sábado baixo a influencia dun potente anticiclón centrado ao sur das Illas Británicas.

Con esta situación, espéranse bancos de néboa matinais en zonas de interior, que darán paso a ceos despexados ou con algunha nube alta, máis probable no norte e este de Galicia.

As temperaturas mínimas continuarán sen cambios, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso.

Temperaturas
A Coruña: 6° - 16°
Santiago de Compostela: 2° - 17°
Ferrol: 5° - 18°
Lugo: -1° - 15°
Ourense: -1° - 17°
Pontevedra: 3° - 21°
Vigo: 7° - 21°

Por outra banda, os ventos soprarán de compoñente este, frouxos no interior, moderados na costa.

Comentarios