Gallardón: ''O Goberno non concederá nin un só indulto a condenados por corrupción''

O ministro de Xustiza, Alberto Ruiz-Gallardón, asegurou hoxe que o Goberno non indultará ningún condenado por corrupción.

Gallardón destacou que o Goberno "non concedeu nin un só indulto" a condenados por corrupción e garantiu que mentres el sexa ministro non os vai conceder.

O ministro fixo esta consideración no coloquio que seguiu á conferencia que impartiu nunha xornada organizada por Esade sobre a tutela xudicial efectiva. Destacou tamén que este Goberno é o que rexeitou máis solicitudes de indultos.

O ministro sinalou que a función do indulto é "non converter en inxustiza o que parece unha resolución xusta". Neste sentido, destacou que a inmensa maioría dos indultos que concedeu foron por condenas de narcotráfico que se ditaron cando os condenados xa estaban reinsertados na sociedade. 

Comentarios