Gallardón pide ''respecto institucional'' a todos os partidos para a proclamación de Felipe VI

O ministro de Xustiza, Alberto Ruiz-Gallardón, pediu hoxe "respecto institucional" a todos os partidos políticos, incluídos os nacionalistas, para a proclamación do Príncipe de Asturias como Rei Felipe VI, prevista inicialmente para o próximo día 19.

"Todos os partidos políticos, á marxe dos seus idearios, deberían ter un especial respecto institucional", dixo o ministro, para quen "non debería ser pretexto formulacións de carácter político territorial como o que están a facer algunhas forzas nacionalistas para non participar dunha forma activa cun voto positivo".

Durante un encontro sobre xustiza amigable celebrado na sede do Ministerio de Xustiza, Ruiz-Gallardón evitou pronunciarse sobre o futuro do líder de UCD, Josep Antoni Durán e Lleida, que decidirá a súa continuidade como secretario xeral de CiU logo da proclamación, ata que se produza "unha manifestación de vontade pola súa banda". "Non ouvín unha declaración do señor Durán", apuntou Gallardón, quen considerou que non é "prudente" pronunciarse sobre o que "terceiros portavoces están a pór na súa boca".

O ministro de Xustiza describiu a proclamación do Rei Felipe VI como "a consolidación institucional" da democracia.

Comentarios